Sobre Donalbai
O nome de Donalbai débese a un bosque sagrado situado na provincia de Lugo, a localidade onde vivo.
O meu pobo descende da cultura castrexa, sociedade apátrida de orixe celta, polo que tódolos cachorros do criadeiro de Donalbai teñen nome galego ou celta, xa que é un legado moi arraigado en nós.
Círculo de Donalbai
Neste mapa atoparás tódolos lugares milagrosos, de ritos e de culto pertencentes ó bosque de Donalbai.
Pena dos Mouros
Unha porta a outro mundo.
Está formado por tres enormes piares sobre os que se asenta unha pedra con forma de caveira de can.
Na noite do 7 de novembro, Samaín celta, o último raio de sol ilumina a cuenca do ollo da caveira, abrindo unha porta que nos guía a outro mundo.
Penas de Rodas
Lugar sagrado de culto.
Simbolizan o matrimonio entre o sol e a terra.
Crese que unha das pedras está chea de ouro e a outra de alcatrán.
Outra lenda di que unha soa pedra abriuse pola metade, dando lugar ás dúas rochas e derramando o alcatrán que había dentro. A catástrofe petrificou a tódolos veciños da zona, o que explicaría a existencia actual de numerosas pedras de gran tamaño na zona: son os corpos dos habitantes do lugar que, polo paso do tempo e a erosión, adoptaron a forma habitual de esas rochas.
Fonte milagrosa
Unha das dúas antigas fontes con poderes curativos, polo que eran consideradas milagrosas.
Castro
Un castro é unha vila fortificada e é a característica máis salientable da cultura castrexa.
Este en particular está situado preto de onde vivo.
Torques
Este é o torques do meu pobo e é o máis grande que se atopa en toda Galicia.
Un torques é un colar típicamente celta.
Festa Castrexa
Tódolos anos celebramos e honramos as nosas raíces castrexas.