Os criadores serios realizan cursos e seminarios para obter a información necesaria para unha cría responsable.
Saben qué exemplares criar para que, cando levas un cachorro á casa, non che dea problemas xenéticos, de saúde ou de carácter.
Sempre lles dará pienso e alimento húmido de alta calidade para garantir o seu bo desenvolvemento e que medren sans, grandes e fortes.
Ofrecen apoio para a vida. Calquera dúbida, pregunta, problema... O que sexa. Un criador sempre estará aí, porque ten os coñecementos e a experiencia necesarios pra facelo e porque dende a xestación ata o día en que os cachorros saen de casa hai unha dedicación absoluta a eles.