CONDICIÓNS
Os cachorros de Donalbai son criados na casa, nun ambiente cheo de amor, atención e coidado, de aí que a selección do futuro dono e o seu posterior contacto (recibir fotos, saber como están...) son moi importantes. Tamén se lles proporciona educación e se acostuman ó bulicio diario dunha casa (ruídos, visitas...).
Os cachorros irán ós seus novos fogares totalmente socializados, afeitos á vida familiar e esterilizados a partir das 16 semanas de idade.
Garantía sanitaria certificada por un veterinario de que o cachorro está en perfecto estado de saúde antes de marchar ó seu novo fogar.
Só sairán do criadeiro se están en perfecto estado, se non, a súa entrega retrasarase ata recuperarse completamente.
Entregaranse con tódalas vacinas ó día, desparasitados internamente e externamente, con microchip, tarxeta sanitaria ou Pasaporte Oficial Europeo e cun mínimo de tres revisións veterinarias.
Certificado de criadeiro libre de Giardias, Coccidias, Trichomonas e calquera enfermidade infecciosa.
Testados dos virus da inmunodeficiencia felina (FIV) e virus da leucemia felina (FeLV).
Copia das probas xenéticas dos seus pais, como GSD IV, HCM, PKD e PKDef.
Entregarase un cartafol con tódala documentación dispoñible: as citadas probas de saúde, o contrato de adopción, o pedigree oficial CPF/FIFe (rexistrado na Federación Felina Internacional) e un pendrive con fotos e vídeos dende o seu nascemento.
Paquete de benvida composto por mostras do seu pienso habitual, comida húmida de alta calidade e unha variedade de xoguetes