top of page

Máis fotos

 Pedigree

 Reservada (criadero Esra's, Suíza)

Exeria Donalbai*PT

  • Data de nacemento : 03/05/2024

     Sexo : Femia

     Cor :  Negro silver blotched con branco

     EMS : NFO ns 22 09

  • A primeira muller viaxeira da historia, natural da Gallaecia. Autora dun famoso libro de viaxes, o Itinerarium Egeriae, un conxunto de textos en latín que narran a súa peregrinación dende a Gallaecia a Terra Santa entre os anos 381 e 384. Presentado en forma epistolar, o manuscrito documenta o longo itinerario a través dunha serie de cartas que ofrecen datos, anécdotas e detalles interesantes dos lugares visitados. É moito máis que unha guía informativa; trátase dunha crónica humana na que a autora expresa os seus sentimentos en cada situación e describe con empatía o trato que recibe das persoas que coñece. Outra peculiaridade da escrita de Egeria está nalgúns detalles da incipiente xestión da intriga, adiantando contidos que posteriormente se resolverán mantendo o interese por seguir a historia en sucesivas entregas.

     O relato vai dirixido a un grupo de mulleres citadas coa expresión "dominae sorores", fórmula habitual para referirse a amigas e compañeiras e algúns expertos consideran que é o primeiro texto dunha escritora galega.

     De ascendencia nobre, de posición económica acomodada e de notable cultura, nos seus escritos revélase como unha muller de fonda relixiosidade pero tamén, en palabras da propia Exeria, dunha curiosidade ilimitada.

     Visita os Lugares Santos (Exipto, Palestina, Siria, Mesopotamia, Asia Menor e Constantinopla), nunha longa viaxe, entre 381 e 384, recollendo as súas impresións no seu libro, que tivo certa difusión pola súa detallada narración. Cruzou o sur da Galia (hoxe Francia) e o norte de Italia; cruzou o mar Adriático en barco. Chegou a Constantinopla no ano 381. Dende alí marchou a Xerusalén e visitou Xericó, Nazaret e Cafarnaúm. Partiu de Xerusalén rumbo a Exipto en 382, visitando Alexandría, Tebas, o Mar Vermello e o Sinaí. Despois visitou Antioquía, Edesa, Mesopotamia, o río Éufrates e Siria de onde regresou por Constantinopla.

     Exeria aproveitou as facilidades da vía pública e tamén os privilexios reservados a familias importantes, como o salvoconduto, que lle permitían recorrer á protección militar nos territorios especialmente perigosos polos que pasaba. Os bispos e funcionarios eclesiásticos tamén saíron a recibila con respecto. Ademais, dos seus escritos dedúcese que debeu ter unha personalidade carismática porque atraía a eremitas, soldados e veciños coa súa empatía. No texto agradece os continuos xestos de hospitalidade que recibíu e expresa o seu sentimento de identificación emocional con todos eles.

     Adoitaba utilizar a mansio, ou casas de correos, como aloxamento, ou noutras ocasións aproveitando a hospitalidade dos mosteiros establecidos en Oriente dende hai anos, pero aínda case descoñecidos para Occidente.

     Non hai constancia da data, lugar e circunstancias da súa morte.

     Exeria entrou na historia como a escritora que anticipou o florecemento da literatura de viaxes e da narración epistolar durante varios séculos.

     No contexto da cultura galega, a magnitude desta obra permitíu que a autora sexa considerada unha figura de referencia na historia de Galicia e no Gaiás Centro Museo da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela foi definida como "A primeira escritora de viaxes da Península Ibérica e un referente simbólico da reivindicación da muller en Galicia”. O libro de Egeria constitúe, xunto cos Tratados de Prisciliano, un dos primeiros xermes literarios que forman parte da historia do pensamento galego.

bottom of page