top of page

Máis fotos

 Pedigree

Baixo observación

Elba Donalbai*PT

  • Data de nacemento: 05/03/2024

    Sexo: Femia 

    Cor: Negro silver blotched con branco 

    EMS: NFO ns 22 09

  • Nome celta que significa “a que ven das montañas”.

    Elba era unha pastora galega de fai 9.300 anos que amansaba uros (a idea asentada é que fai 9.000 non había domesticación do gando) e convirteuse na primeira muller do Mesolítico atopada en España.

    Elba medía arredor de 1,50 m de altura, era intolerante á lactosa e caeu por accidente nunha fosa cando atravesaba a serra nevada do Courel. Tiña probablemente entre 30 e 40 anos e estaba cos uros no momento no que o chan se afundeu baixo os seus pés.

    A muller cruzaba a montaña por unha vía ancestral en uso durante milenios, sendo o seu trazado final unha carretera asfaltada, probablemente a finais do inverno ou comezos da primavera, todavía con neve, por iso non veu a sima que se abrira e na que se precipitaron.

    Os restos dos tres grandes bóvidos sepultados con ela na sima de Chan do Lindeiro (Pedrafita do Cebreiro) son os únicos atopados en Galicia.

    A serra era un lugar inhóspito e os uros eran máis propios de zonas máis baixas, non dos Ancares, senón de terreos graníticos. Non era o seu hábitat habitual.

    Os uros procedían de distintas ubicacións e os exemplares eran un enorme macho con cornos de dous metros de longo total e outros dous máis xóvenes non emparentados con él.

    Unha reproducción hiperrealista e a tamaño natural da muller exhíbese no museo arqueolóxico de Quiroga, Lugo.

bottom of page